Subvencións para a promoción e o fomento da cultura por asociacións culturais no Concello de Ferrol
O obxecto destas bases e a súa convocatoria é a regulación do procedemento para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva e con carácter anual (exercicio 2026), do programa de subvencións que convoca a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol para a promoción e fomento da Cultura dende as asociacións culturais e entidades sen ánimo de lucro, que teñan sede no termo municipal de Ferrol, axustándose en todo caso aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade e non discriminación.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña co procedemento establecido no artigo 20.8 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/05/2026_0000006336.html




Comments