Ir o contido principal

Praza de auxiliar administrativo no Concello de A Laracha

É obxecto da presente, a aprobación da convocatoria a regulación das Bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura temporal a través de procedemento de concurso-oposición, de 1 posto de persoal laboral temporal empregado auxiliar administrativo (segundo o CNO 4309), así como a creación dunha bolsa de emprego na que se incluirán as persoas aspirantes non seleccionadas co fin de facer fronte a situacións de ausencias ou renuncia dentro do programa de concesión da subvención.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ó da convocatoria por parte da oficina de emprego. Igualmente será publicado o anuncio de aprobación das bases e da convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/05/2026_0000006365.html

Comments