Ir o contido principal
galicia europa

Bolsa de Formación na Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

O obxectivo da bolsa é permitir á persoa beneficiaria familiarizarse cos asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega e, en última instancia, facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

O programa formativo da bolsa terá unha duración de doce (12) meses.

2. O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias de Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.

Importe bruto da bolsa: 18.000 €. 

Requisitos de titulación:

Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.

Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do obxecto desta bolsa.

 As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Prazo de presentación de solicitudes: do 2 de outubro ao 2 de novembro de 2026

Máis información: FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Correos electrónicos: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu // bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

Teléfonos: 981 54 10 12 // +32 (0) 27 35 54 40.
 

Comments