Ir o contido principal

Selección de profesorado, alumnado e direción do obradoiro Verdecume no Concello de Santiago de Compostela

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos nos 10, 11, 12, 13 e 14 da Orde do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se efectúa a súa segunda convocatoria para o ano 2026 (DOG núm. 96, do 26 de maio de 2026), e nas Instruccións ditadas pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación que a desenvolven, o establecemento do sistema, procedemento e baremos que se aplicarán na selección do alumnado-traballador participante e do equipo directivo e docente do obradoiro de emprego dual “VERDECUME”.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas na sección OBXECTO desta convocatoria.

O sistema de admisión de candidatos será o de oferta de emprego tramitada na oficina de emprego Santiago Centro con difusión pública no Portal de Emprego de Galicia polo prazo de 3 días naturais, dado o axustado dos prazos do proceso.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/06/2026_0000006389.html

Comments