Ir o contido principal
fundación Barrie

Bolsas da Fundación Barrié

A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición das seguintes convocatorias de bolsas:

– 7ª edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, dirixida a estudantes galegos que están cursando estudos de titulacións universitarias en Ciencias da Vida.

Prazo: ata o 20 de outubro de 2026.

– 3ª edición do The Exponential Fellowship Program, dirixida a persoas tituladas universitarias con nacionalidade española e vinculadas a Galicia en disciplinas técnicas.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2026 e 2027.

– Doutoral Fellowship Program, dirixidas a persoas tituladas universitarias galegas na área de Ciencias da Vida.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2026 e 2027.

– Postdoutoral Fellowship, dirixida a persoas investigadoras galegas na área de Ciencias da Vida.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2026 e 2027.

Máis información:  FUNDACIÓN BARRIE
 

Comments