Ir o contido principal

Sarria convoca sete prazas de auxiliar xerocultor/a para a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme

O Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, convoca sete prazas de auxiliar xerocultor/a, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre, correspondentes á OPE 2023.

Características das prazas

  • Número de prazas: 7.
  • Categoría: auxiliar xerocultor/a.
  • Réxime: persoal laboral fixo, grupo IV.
  • Sistema selectivo: concurso-oposición.
  • Quenda: libre.
  • Centro: Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, Sarria.

Requisitos de titulación
Será necesario estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
  • Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
  • Técnico en Atención Sociosanitaria.
  • Ou, no seu defecto, ESO ou equivalente xunto co Certificado profesional de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Ademais, deberán cumprirse os requisitos xerais de acceso ao emprego público establecidos na convocatoria.

Proceso selectivo

A fase de oposición terá unha puntuación máxima de 30 puntos e constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  • Primeiro exercicio: cuestionario tipo test de 40 preguntas máis 5 de reserva, con catro respostas alternativas. Duración máxima de 50 minutos. Será necesario obter polo menos 5 puntos.
  • Segundo exercicio: exposición escrita de dous temas, a escoller entre tres extraídos ao chou. Duración de 1 hora e 30 minutos. Será necesario obter polo menos 5 puntos.
  • Terceiro exercicio: poderá consistir na resolución dun ou varios supostos prácticos ou nunha proba exclusivamente práctica relacionada coas funcións de auxiliar xerocultor/a. Será necesario obter polo menos 5 puntos.

As persoas que non acrediten o coñecemento da lingua galega deberán realizar unha proba de galego, que se cualificará como apto/a ou non apto/a. Estarán exentas as persoas que acrediten o Celga 3 ou equivalente.

Fase de concurso

  • A fase de concurso terá unha puntuación máxima de 20 puntos.
  • Valorarase a experiencia profesional como auxiliar xerocultor/a e en postos relacionados coa atención de persoas.
  • Tamén se valorarán cursos de formación e perfeccionamento relacionados coa praza, con ata 10 puntos.

A cualificación final será o resultado da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso, sempre que se supere a fase de oposición cun mínimo de 15 puntos.

Prazo de presentación
O prazo será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán dirixirse á Presidencia do Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme e poderán presentarse:

  • No Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Sarria.
  • Nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Deberán utilizarse o modelo oficial incluído no Anexo I e achegar a documentación indicada nas bases, incluída a acreditación da titulación e, no seu caso, dos méritos alegados.

Bolsa de emprego
O proceso selectivo dará lugar tamén á ampliación da bolsa de emprego vixente. Poderán integrarse nela as persoas aspirantes que aproben algún dos exercicios do proceso selectivo, segundo a orde e os criterios establecidos nas bases.

Máis información
As bases e os sucesivos anuncios do proceso selectivo publicaranse na sede electrónica do Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments