Certame de videoxogos "Dende o galego, con humor"
A Fundación Carlos Casares convoca a III edición do certame de videoxogos "Dende o galego, con humor", un concurso destinado a crear prototipos de videoxogo con versión en galego para a promoción e dinamización da lingua no sector.
O tema darase a coñecer o domingo 29 de novembro, e ese mesmo día comeza o prazo de desenvolvemento, que remata o 12 de decembro ás 23:59 horas.
Quen pode participar: calquera persoa maior de 18 anos, soa ou en equipos de ata tres persoas. Polo menos unha persoa de cada equipo debe residir en España.
Non se esixe experiencia: valen perfís de programación, arte, deseño de xogos, guión, música, son ou localización, entre outros.
Como inscribirse (a partir do 28 de outubro):
Únete á jam na páxina de itch.io a partir do 28 de outubro.
Envía un correo a fundacioncarloscasares@fundacioncarloscasares.org cos nomes e apelidos de cada persoa, o nome do equipo, os perfís de itch.io, o perfil de desenvolvemento de cada membro, se cada persoa autoriza ou non o uso da súa imaxe e un teléfono de contacto.
A composición do equipo non pode cambiar unha vez iniciada a jam.
A inscrición é gratuíta e está aberta do 28 de outubro ao 12 de decembro na páxina da iniciativa na plataforma itch.io.
Máis información: Fundación Carlos Casares




Comments