Ir o contido principal
aldea navidad

O Concello da Baña convoca o II Concurso de Decoración do Nadal das Aldeas 2026

O Concello da Baña convoca o II Concurso de Decoración do Nadal das Aldeas 2026, unha iniciativa que busca fomentar a participación cidadá, a cooperación veciñal, a creatividade colectiva e o embelecemento dos espazos públicos do municipio durante as festas do Nadal.

Persoas destinatarias: aldeas, parroquias ou lugares do termo municipal da Baña, organizados colectivamente, sen necesidade de constituír unha entidade xurídica.

Requisitos de participación:

  • Cada proposta deberá ser elaborada conxuntamente por un mínimo de dúas persoas residentes na mesma aldea, parroquia ou lugar.

  • Non se admite a participación individual.

  • Cada candidatura deberá designar unha persoa representante maior de idade.

  • A decoración deberá instalarse nun espazo público ou nun elemento privado exterior visible desde a vía pública, garantindo a seguridade viaria e o tránsito peonil.

Inscrición: gratuíta, a partir do día hábil seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Documentación necesaria:

  • Anexo I (ficha de inscrición e declaración responsable conxunta), cuberto e asinado pola persoa representante, cos datos identificativos das persoas participantes.

  • Vídeo de aproximadamente dous minutos, preferiblemente en formato horizontal, que amose a totalidade da decoración e inclúa o lema «Nadal na Baña 2026».

O Anexo I poderá presentarse presencialmente no Concello da Baña ou a través da súa sede electrónica. O vídeo deberá enviarse por WhatsApp ao número 620 980 631, antes do 18 de decembro de 2026 ás 00.00 horas.

Período de exposición: as decoracións deberán estar completamente montadas e iluminadas desde o 19 de decembro de 2026 ata, como mínimo, o 10 de xaneiro de 2027, ambos os días incluídos.

Valoración: combinarase a votación popular dixital nas redes sociais oficiais do Concello (Facebook e Instagram), que representará o 50 % da puntuación, coa valoración dun xurado técnico, que achegará o 50 % restante.

Premios:

  • Primeiro premio: lote de produtos decorativos de Nadal valorado en 300 €.

  • Segundo premio: lote de produtos decorativos de Nadal valorado en 200 €.

  • Terceiro premio: lote de produtos decorativos de Nadal valorado en 100 €.

A entrega dos premios terá lugar durante a tradicional Cabalgata de Reis organizada polo Concello.

Máis información:

Publicación: Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 212, do 5 de novembro de 2026.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/05/2026_0000007123…

Comments