Ir o contido principal
pontedeume

XXVII Premio de Investigación Concello de Pontedeume

O Concello de Pontedeume convoca o XXVII Premio de Investigación, dotado cun único premio de 1.200 euros, para traballos inéditos sobre aspectos de Pontedeume e a súa comarca.

Temática: As investigacións deberán abordar aspectos de Pontedeume e a súa comarca desde a perspectiva da etnografía, a antropoloxía social e cultural ou a etnohistoria.

Persoas destinatarias: Poderán participar todas as persoas que o desexen, individualmente ou en grupo.

Requisitos: Os traballos deberán ser inéditos e estar redactados en lingua galega.

Prazo de presentación: Ata o 1 de decembro de 2026.

Resolución: O xurado dará a coñecer o seu fallo o 28 de decembro de 2026.

Premio: 1.200 euros.

Máis información: Bases da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.


https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/10/2026_0000007239…

Comments