Ir o contido principal
mentoring

Xuventude Mentoring

Dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convócase a VII edición do Programa Xuventude Mentoring.

Trátase dun programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas co que se busca facer de nexo de unión entre o mundo académico e o mundo laboral. O obxectivo do programa é mellorar as habilidades e competencias dos participantes para a busca de emprego, e para iso levaranse a cabo accións formativas, actividades de networking e contarase cunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

O programa o desenvolvemos desde a Xunta de Galicia en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo (FSE+) a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Tras o éxito das anteriores edicións, con excelentes resultados de inserción laboral para os/as participantes, para esta convocatoria do programa Xuventude Mentoring contamos con 250 prazas. As persoas mozas, con estudos de grao ou de formación profesional, poderán presentar as súas solicitudes ata o día 25 de abril de 2025.

Para poder ser beneficiario/a do programa será preciso cumprir cos seguintes requisitos:

- Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
- Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
- Ter máis de 18 e menos de 30 anos.

Toda a información sobre Xuventude Mentoring, a convocatoria, e o enlace para a inscrición están dispoñibles na nosa páxina web: https://www.xuventudementoring.gal/ e tamén na páxina de LinkedIN: https://www.linkedin.com/company/xuventude-mentoring-galicia.

Comments