
Correspondentes xuvenís do CIFP Portovello visitan o Centro coordinador de información xuvenil
O equipo de Correspondentes Xuvenís do CIFP Portovello de Ourense visitan en Santiago de Compostela o Centro coordinador de información xuvenil. Son alumnado do ciclo formativo de Animación Sociocultural e Turística.
Nesta visita poideron coñecer o traballo que se desenvolve no Centro coordinador así como os diferente programas e recursos da Dirección xeral de Xuventude.
Compre lembrar que a Información xuvenil é un módulo de 133 horas que se imparte dentro do ciclo de Animación e que acredita ao alumnado a organizar e xestionar servizos de información de interese para a xuventude e tamén para organizar e xestionar accións de dinamización da información para a xuventude.
Comments