Ir o contido principal
arte erasmus+

Axudas complementarias de Erasmus+ para ensinanzas artísticas superiores

A Xunta de Galicia convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2024/25.

Requisitos:
- Estar matriculado no curso 2024/25 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores en Galicia.
- Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2025.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED322A.
Máis información no DOG do 31 de marzo de 2025 e en www.edu.xunta.es

Comments