
Premios Galicia de Acción Voluntaria
A Xunta de Galicia convoca os Premios Galicia de Acción Voluntaria, que teñen a finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Cos Premios Galicia de Acción Voluntaria preténdese recoñecer o exercicio da acción voluntaria a nivel individual e colectivo e dos beneficios que esta achega ao conxunto da sociedade.
Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
- Premio voluntaria/o do ano: modalidade individual, para aquelas persoas voluntarias que desenvolvan a súa actividade e colaboren con entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria, públicas ou privadas, que se distinguisen polo seu sobresaínte labor na promoción e na xestión do voluntariado social na nosa Comunidade Autónoma.
- Premio entidade de acción voluntaria do ano: modalidade colectiva, as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que de xeito continuado e eficaz, desenvolvan actividades e/ou programas sociais ou de interese xeral que impliquen un compromiso social e comunitario a través de proxectos consolidados e normalizados no tempo e nos cales a acción voluntaria e as persoas voluntarias asuman un especial protagonismo.
- Premio mellor proxecto de acción voluntaria do ano: aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para Galicia.
Premios
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades de 4.000 €.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal co procedemento BS508D.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de maio de 2025
Máis información no DOG do 7 de abril de 2025 e en http://voluntariadogalego.org
Comments