Ir o contido principal
micromuseo

Microrrelatos Audiovisuais, MicroMuseo

A Deputación de Pontevedra convoca o Concurso de Microrrelatos Audiovisuais, MicroMuseo, que ten como fin promover e apoiar a cultura e implicar directamente a comunidade escolar para contribuír ao coñecemento do valioso patrimonio cultural da provincia que se atopa no Museo de Pontevedra.

Poderán optar a estes premios os centros escolares de educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, da provincia de Pontevedra, nas seguintes categorías:

1ª categoría: estudantes de 5.º e 6.º de educación primaria
2ª categoría: estudantes de ESO de 12 a 15 anos
3ª categoría: estudantes de bacharelato ou de ciclos formativos

Participarán cun grupo de alumnado que non poderá superar o número total dunha aula e unha ou un representante do centro escolar (Dirección, Xefatura de Estudos, titora ou titor ou docente).
A persoa representante do centro escolar será quen presente a solicitude e non participará na elaboración do microrrelato.

Os centros participantes deberán presentar un microrrelato en formato audiovisual, que non poderá superar os 120 segundos, e deberá tratar a temática prevista para esta edición dedicada a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, con motivo da celebración dos 75 anos do seu falecemento 

Premios:
1ª categoría:
1º premio: 2.000 € para o centro escolar e un lote de 3 libros do Museo
2º premio: 1.000 € e un lote de 3 libros do Museo

2ª categoría:
1º premio: 2.000 € para o centro escolar e un lote de 3 libros do Museo
2º premio: 1.000 € e un lote de 3 libros do Museo

3ª categoría:
1º premio: 2.000 € para o centro escolar e un lote de 3 libros do Museo
2º premio: 1.000 e e un lote de 3 libros do Museo

O prazo de participación no concurso estará aberto ata o 9 de maio de 2025.
Máis información no BOP de Pontevedra do 9 de abril de 2025

Comments