Ir o contido principal
feiraco

Certame de Microrrelatos Feiraco

A Secretaría Xeral da Lingua e Feiraco Lácteos SL convocan o Certame de Microrrelatos Feiraco co fin de promover o coñecemento, uso e divulgación do galego desde o eido económico.
A cooperativa agrogandeira súmase así ás actuacións conmemorativas do Día das Letras Galegas 2025 e ás homenaxes ás pandeireteiras ás que se lles dedica o 17 de maio deste ano.

As narracións que se presenten ao premio deberán estar inspiradas na temática "Galicia: campo de artistas" e ter de protagonista unha cantareira ou pandeireteira.

O certame conta con dúas categorías: a xuvenil, dirixida a escolares de máis de 12 anos matriculados en centros educativos galegos, e a adulta, para maiores de 18 anos.
Na categoría xuvenil, o profesorado responsable dos centros educativos deberá seleccionar o mellor relato de cada curso e presentalo en formato pdf, xunto co formulario que aparece no web:
vivefeiraco.esnova venta.

O prazo de recepción dos traballos en ambas as dúas modalidades estará aberto ata o 18 de maio.

Premios:
Unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, xunto cun lote de produtos Feiraco, son os premios aos que optan os participantes.

Máis información:
https://vivefeiraco.es/

 

Comments