Ir o contido principal
DISCAPACIDADE

Campamentos de verán para persoas con discapacidade

A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia oferta 250 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade.
Ofertan unha estadía socializadora e de convivencia  nunha residencia de tempo libre da Xunta de Galicia.
Os campamentos de verán para persoas con discapacidade duran 10 días.

Idades, datas, destinos, actividade e prezo:

quendas

 

Quen pode solicitar praza?
Os requisitos para solicitar praza son ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, ter unha idade comprendida de entre os 11 e os 50 anos, estar empadroado nalgún concello de Galicia; ou non padecer trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade, entre outros. 

Que servizos hai no campamento?
Os campamentos contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.

Como e onde presento a solicitude?
As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, dirixíndoas á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Igualdade e indicando no asunto relacionado "CAMPAMENTOS DISCAPACIDADE 2025"

Prazo: a solicitude pódese presentar ata o día 5 de maio de 2025

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamen…
 

Comments