
Curso Básico de Interpretación do Patrimonio
O CEIDA, xunto coa Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP), levan a cabo un curso básico de Interpretación do Patrimonio en modalidade en liña.
Obxectivos:
-Proporcionar a formación básica a través da adquisición dos coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para utilizar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación coa fin de entregar unha información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e que fomente neles atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.
Data: Martes, 29 Abril, 2025 a domingo, 1 Xuño, 2025
Dirixido a:
Todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, informadoras/es turísticos, educadores e educadoras en xeral (educación formal e non formal), etc.
Contidos:
UD1. Coñecendo a disciplina. Os tres piares da Interpretación do Patrimonio.
UD2. O coñecemento da audiencia e das técnicas interpretativas. O perfil profesional do interéprete.
UD3. Características da mensaxe interpretativa. A receita da Interpretación do Patrimonio.
UD4. Avaliación dos medios interpretativos.
Inscrición:
95 € (10 % de desconto para persoas asociadas á Asociación para a Interpretación do Patrimonio - AIP).
105 € (para transferencias internacionais).
20 prazas, por rigurosa orde de inscrición.
Organiza: CEIDA
Colabora: Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP)
Máis información:
www.ceida.org
Comments