Ir o contido principal
emprendemento

Xeración Sostenia

UATAE, Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores convoca a 2ª edición de Xeración Sostenia

O obxectivo do programa é fomentar a cultura emprendedora e promover o autoemprego para que a mocidade coñeza os fundamentos sobre as distintas estratexias de emprendemento e melloren a súa capacidade de liderado co propósito de xerar un impacto positivo na súa contorna utilizando de maneira responsable a IA. 

Dirixido a mozos e mozas entre 16 e 35 anos do territorio Nacional

Obxectivos do programa
1. Charlas de motivación con entidades para a innovación social sostible.
2. Charlas técnicas con mozos emprendedores. Explicarase o funcionamento das ferramentas coas que conta UATAE para a elaboración de plans de empresa e impulsar a actividade emprendedora.
3. Test do sentido emprendedor. Realizarase un test ás e os participantes para identificar o seu potencial e motivación para emprender proxectos de innovación social sostible co uso da intelixencia artificial.
4. Talleres de emprendemento:
- Talleres prácticos para o desenvolvemento de habilidades emprendedoras, enfocados no uso da intelixencia artificial en proxectos de innovación social sostible.
- O paso cero do emprendedor: Retos e oportunidades.
- Intelixencia artificial para emprendedores Ferramentas e uso responsable.
- Innovación Social para o Emprendemento Sostible con IA.
- Xeración de Ideas Innovadoras para o Emprendemento Sostible con IA.
- Deseño de Modelos de Negocio Sostibles con IA.
- Prototipado e Validación de Conceptos para Emprendementos Sostibles con IA.
- Estratexias de Marketing Dixital para o Emprendemento Sostible con IA. 
- Finanzas Sostibles para Emprendedores con IA. 
- Xestión de Proxectos e Planificación Estratéxica para Emprendementos Sostibles con IA. 
- Desenvolvemento de Habilidades de Liderazgo para o Emprendemento Sostible con IA.

5. Desenvolvemento de plataforma e comunidade en liña
6. Asesoramento para o emprendemento. Cada usuario/a terá acceso a un experto en proxectos de innovación social sostible e o uso da intelixencia artificial, quen os asesorará no desenvolvemento das súas ideas e a implementación dos seus proxectos.
7. Casos de éxito. Asistencia a charlas de testemuños de autónomos sobre a súa experiencia persoal de emprendemento.
8. Concurso proxecto empresarial. Os proxectos que se desenvolvan no programa poderán inscribirse nun concurso de plans de Empresa.

https://uatae.org/2a-edicion-generacion-sostenia/#Actividades

Comments