Ir o contido principal
violencia xenero

Contratación de mulleres que sofren violencia de xénero

A Xunta de Galicia convoca subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero ata un máximo de 12 mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

Poderán ser entidades beneficiarias da subvención:
a) As entidades sen ánimo de lucro.
b) As cooperativas sen ánimo de lucro

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de maio de 2025.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI461B
Máis información no DOG do 22 de abril de 2025

Comments