Ir o contido principal
competencias dixitais

Certificación galega en competencias dixitais  (ComDix)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais  (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada.

Poderán participar nesta acción formativa as persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso
Número de prazas: 300.
Duración: 250 horas lectivas.
Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.
Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.

A inscripción farase na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal
O prazo para a inscripción estará aberto ata o 3 de maio de 2025

Máis información no DOG do 23 de abril de 2025 e en https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/competencias-dixitais

Comments