
Certame Nacional de Debuxo e Acuarela Felipe Orlando
O Concello de Benalmádena convoca o Certame Nacional de Debuxo e Acuarela Felipe Orlando
Pódese presentar unha obra por participante e disciplina (debuxo e acuarela), orixinal e inédita.
En canto á técnica de debuxo, admitiranse traballos baixo calquera tipo de técnica (lapis de grafito, carboncillo, mina de sanguina, mina de sepia, lapis conté, tinta chinesa a plumilla) quedando excluídas técnicas acuosas. Os autores/as teñen liberdade para elixir o tema e tipo de soporte plano (lenzo, cartón, madeira preparada, papel).
Para a disciplina de acuarela só admítese esta técnica.
As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude debidamente cumprimentada e anexar unha fotografía da obra cuxo tamaño non será inferior a 13 x 15 cm e unha resolución mínima de 720 píxeles
As obras que sexan seleccionadas deberán presentarse con marco de madeira ou metal, protexida por un cristal e con mecanismo que permita colgar o cadro co obxecto de facilitar a montaxe da exposición. Establécese un tamaño mínimo de 50 x 30 cm e máximo de 70 x 50 cm de superficie pintada.
Premio debuxo: 3.000 euros.
Premio acuarela: 3.000 euros
https://www.benalmadena.es/contenido.php?m=cultura-actividades&s=certam…
Comments