Skip to main content
TECLGBGCC25

Exposición da Biblioteca de Galicia con motivo das Letras Galegas 2025

Tesoureiras do noso é unha mostra na que a Biblioteca de Galicia, con motivo do Día das Letras Galegas 2025, recompila libros, cancioneiros e material audiovisual para comprender a todas esas mulleres que comezaron a tocar e cantar con pratos e sachos por pura necesidade de diversión e goce ata chegar co seu legado aos escenarios.

Unha exposición para poñer o foco en todas as mulleres que mantiveron viva a poesía e a música de tradicional oral e para coñecer tamén como foi evolucionando a súa recollida e posta en valor ao longo dos tempos.

Datas: 16 Maio-30 Setembro.

Lugar: Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

Comments