RESIS en Residencia «Karst»
A Cidade da Cultura volve acoller dentro do seu programa de Residencias Artísticas do Gaiás unha nova creación en colaboración co Festival RESIS de Música Contemporánea.
Karst é o nome do proxecto no que están a traballar o compositor Hugo Gómez-Chao e a deseñadora de moda e arquitecta Raquel Buj, unha proposta que hibrida música, danza e investigación biomaterial e que se materializará nun concerto e instalación artística, ambos conectados, na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, o xoves 22 de maio.
Karst, é unha reflexión sobre a construción que temos do noso propio corpo, desvinculándoa coas etiquetas e disciplinas que o “normalizaron” ao longo da historia.
A obra Materia vibrante de Jane Bennett serve de inspiración e guía das posibilidades de reformulación que existen para entender o noso corpo e os dos outros, así como a nosa idea de sociedade.
Así, traballando desde unha dimensión artística e emocional, propón transformar a maneira coa que nos relacionamos coa natureza para imaxinar desde o presente novos futuros que constrúan un agora ecolóxico para todos.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal




Comments