Skip to main content
HOLIGAIAS25

Holi Gaiás 2025

O sábado 7 de xuño volven a Holi Gaiás e a Peque Holi para encher a Cidade da Cultura de cor e darlle á primavera a despedida que se merece a través dun evento lúdico, deportivo e para todos os públicos.

A sétima edición desta carreira festiva xa está en marcha para gozar dun sábado de xuño de diversión en familia ou con amizades e enzoufarse na súa tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.  

A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o Monte Gaiás.

Este ano, como novidade, doarase un euro de cada inscrición á Fundación Andrea, que traballa con nenos e nenas con enfermidades crónicas, de longa duración ou terminais.

As persoas que non participen na carreira pero queiran colaborar poderán facerse co Dorsal 0, cuxos fondos irán integramente destinados a esta fundación.


Máis información:

https://www.carreirasgalegas.com/events/vii-carreira-holi-gaias-2025/5a9a1p9B

 

Comments