XII Premio de Investigación “Xermade na historia”
O Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o XII Premio de Investigación “Xermade na historia”.
BASES
1. As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo.
2. Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
3. Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc).
4. Haberá dous premios:
– 1º Premio, dotado con 2.000 euros.
– 2º Premio, dotado con 1.000 euros.
Os traballos deberán ser realizados e presentados en lingua galega. A data límite de presentación dos traballos será o día 20 de febreiro de 2026.
Máis información: Concello de Xermade




Comments