charla "E ti, coñeces a fórmula?" en Ribeira
EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo co obxectivo de dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
Data: 13 de xuño
Horario: De 10:00 a 12:30
Modalidade: Presencial
Lugar: Viveiro de Empresas Lugar de Aldea Fafián, Ribeira, A Coruña
Dirixido a:
Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.
Máis información: EUSUMO.GAL




Comments