Skip to main content
CASRI25

No bico un cantar. Castelao 2025

No bico un cantar chega en 2025 á súa novena edición e será na vila de Rianxo o venres 6 de xuño.

Este ano 2025 celebramos a Afonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do 75.º aniversario do seu pasamento en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.
E será en Rianxo, a vila onde naceu en 1886, non lonxe da casa familiar que o converteu en veciño doutros autores ilustres como Rafael Dieste e Manuel Antonio.

Baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento do Quinteto de metais Hércules Brass, os versos dos máis insignes autores e autoras galegos cobran vida nas voces de cincocentas nenas e nenos procedentes de conservatorios profesionais de música dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional das sete cidades galegas e do alumnado dos centros de ensino musical da contorna do lugar de celebración.

Máis información:
https://consellodacultura.gal/no-bico-un-cantar/2025/

 

Comments