Axudas a entidades de iniciativa social para financiar programas e servizos no ámbito da inclusión
A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria da orde de axudas a entidades de iniciativa social para financiar actividades de servizos sociais comunitarios e de inclusión social que desenvolvan entre este ano e o 2027.
Desde o martes, día 10 de xuño, as entidades de iniciativa social terán un mes de prazo para acollerse a estas achegas, que están cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027.
Poderán destinar estes fondos ao funcionamento dos seus centros de inclusión e emerxencia social, como comedores sociais, albergues ou centros de acollida. Tamén están destinados a programas e actuacións que favorezan a integración e ao acceso ao mercado laboral de persoas inmigrantes e outras en situación ou risco de exclusión social.
Así mesmo, a convocatoria potencia novamente as medidas centradas na atención ás persoas sen fogar, cunha liña de achegas para apoialas e facilitar a súa inclusión residencial.
Máis información:
https://www.xunta.gal/politica-social
Sede Electrónica Xunta de Galicia




Comments