Cultura no Camiño 2025
A Xunta impulsa unha nova edición do circuíto festival de espectáculos Cultura no Camiño, que do 15 de xuño ao 31 de agosto achegaralles 310 actuacións de artes escénicas e de música a 88 dos municipios polos que discorren as diferentes rutas xacobeas ao seu paso por Galicia.
Esta iniciativa, que vai xa pola súa 13ª entrega, ten como prioridade a dinamización e descentralización da oferta cultural galega, máis alá dos principais núcleos urbanos e co foco posto nas rutas de peregrinacións.
A programación actualizada pode consultarse na Axenda da Cultura de Galicia.




Comments