Skip to main content

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís co obxectivo de mellorar as destrezas de alfabetización mediática do alumnado de secundaria, así como de difundir información xuvenil entre o seu contorno.

O equipo de Correspondentes Xuvenís será alumnado cos seguintes labores, baixo a coordinación do/a docente ou técnico de información xuvenil local:

- recolla da información enviada dende a Dirección Xeral de XuventudeEspazo Xove ou OMIX do seu concello

- traballo con esa información (selección, reelaboración de formato...)

- difusión entre o resto do alumnado do centro a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast...
- envío á Dirección Xeral de Xuventude de información do seu centro que poida ser de interese para correspondentes doutros lugares
 

Beneficios para os/as correspondentes:

- Coñeceren de primeira man os programas e convocatorias dos que son público potencial.
- Participaren nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
- Obteren un Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Recibiren asesoramento e formación sobre información xuvenil.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse contactando coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Servizo de Información Xuvenil, no teléfono 881 997 606 e 881 997 605 ou escribindo a informacion.xuventude@xunta.gal