Pasar al contenido principal
 

Correspondentes Xuvenís 

Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envie desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.

O equipo de Correspondentes Xuvenís será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de XuventudeEspazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de Información Xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast...
- Manter actualizado e ordenado o taboleiro informativo do centro.
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.
- Participar nas sesións de formación e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a Dirección Xeral de Xuventude.

Beneficios para os/as correspondentes:

- Coñeceren de primeira man os programas e convocatorias dos que son público potencial.
- Participaren nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
- Obteren un Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Recibiren asesoramento e formación sobre información xuvenil.

Beneficios para o profesorado colaborador:

- Obteren a certificación da Consellería de Educación (coa correspondente equivalencia en puntos).
- Recibiren asesoramento para a posta en marcha e mantemento do programa no seu centro educativo.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:

- A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

- Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil. Teléfonos 881 997 606 e 881 997 602

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626

CORRRESPONDENTES

Correspondentes Universitarios

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado dos campus universitarios a través do programa Correspondentes universitarios/as.

Este programa ten por obxecto difundir os diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas, así como outra información de interese, entre o alumnado das tres universidades. Serán os propios estudantes, como correspondentes universitarios, os encargados de transmitir esa información, o que favorece así a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.

Beneficios das voluntarias e voluntarios

Aos mozos e mozas participantes recoñeceráselles o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas, a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.

As Universidades de Santiago e a Coruña expediranlles unha certificación aos seus estudantes que acredite a participación no programa Correspondentes universitarios/as para os efectos da solicitude de créditos. No caso da Universidade de Vigo o certificado será expedido pola Dirección Xeral de Xuventude e a Universidade procederá ao recoñecemento dos créditos.

+ Información do programa