Atardecer no Gaiás 2025
Atardecer no Gaiás programa 11 solpores musicais con 15 bandas para alongar con boa música as tardes dos xoves e venres entre o 3 de xullo e o 21 de agosto.
A praza central do Gaiás volve abrirse este verán a todos os públicos e estilos, con artistas como Ana Lua Caiano, Al Safir, Santa Salut, Calle Mambo ou Futurachicapop.
Rap e música urbana, ritmos latinos, electrónica, pop...
Nesta nova edición de Atardecer no Gaiás, o talento da escena musical galega ten un protagonismo especial. Con The Rapants, Eris Mackenzie, Dirty Suc, Lua de Santana, La Toñi, Melodiam, Mocho Gris, Kike Varela DJ e os gañadores e gañadoras do certame Xuventude Crea 2025 nas categorías de música —Sara Gimeno e Lontras— sumamos unha decena de bandas e artistas do país.
Todos os concertos serán ao aire libre ás 21 horas na Praza central do Gaiás, a non ser que a previsión metereolóxica obrigue a buscar unha alternativa ao acubillo.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal




Comments