Skip to main content
BOAM25

Bolsas de formación da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.

A presente resolución ten por obxecto convocar 10 bolsas de formación superior, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade e igualdade, e conforme ás condicións que se recollen nas bases aprobadas por Orde SSI/442/2017, do 11 de maio.

Requisitos:
-Titulado universitario de Grao ou de Licenciatura, que finalizasen os estudos correspondentes do título esixido para a bolsa solicitada, dentro dos 5 anos anteriores á data de publicación da mesma.

Dotación:
-A contía das bolsas queda establecida en 1.686,33 euros/mes.
-A inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social realizarase nos termos establecidos no Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e condicións de inclusión no Réxime da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.

Convoca:
A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.

Dirección:
Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS)
C/ Campezo nº 1, Edificio 8
28022, Madrid
 
Máis información:

Web

Comments