Skip to main content
FEBA25

VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o sábado 5 de xullo de 2025 a oitava edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que reúne unha ducia de formacións de toda Galicia nun certame destinado a dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas.

Así, arredor de 600 rapaces e rapazas participan no Gaiás neste Festival onde cada formación interpretará un repertorio especialmente escollido para o certame, e terán ademais a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia na que coñecer a rapazada de toda a xeografía galega, co nexo común do seu amor pola música.

O Festival incluirá unha actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, constituída por rapaces e rapazas de bandas populares de toda Galicia.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

Comments