Skip to main content
AXMA25

Programa Accedemos de Axudas ao Emprego Xuvenil 2025.

A Fundación Mapfre convoca o programa Accedemos de Axudas ao Emprego Xuvenil 2025.

Requisitos:
- Poden solicitar estas axudas pequenas e medianas empresas, autónomos e entidades sociais con domicilio fiscal en España e constituídas legalmente ou dadas de alta na Seguridade Social con data anterior ao 31 de decembro do 2023.
- As axudas concederanse para a creación de novos postos de traballo situados en todo o territorio nacional.

Información:
- Concederanse 450 axudas orientadas a fomentar o emprego en pequenas e medianas empresas, autónomos e entidades sociais principalmente no ámbito rural, e a facilitar o acceso ao mercado laboral dos colectivos con maiores dificultades para atopar un emprego: menores de 30 anos, maiores de 50 anos e outros colectivos vulnerables.
- Con carácter extraordinario, nesta edición preténdese apoiar a recuperación do tecido produtivo e o mantemento do emprego en todos os municipios afectados pola DANA mediante a dotación exclusiva de 60 axudas adicionais.

Prazo: ata esgotar as axudas ou ata o 30 de setembro de 2025

Máis información:
Web

 

Comments