Skip to main content
BOLCOOP25

Bolsas 2025 "Talento Cooperativo" para mocidade

O programa “Talento Cooperativo” 2025 abriu a convocatoria de selección de 4 persoas con estudos empresariais para adxudicar catro bolsas en cooperativas galegas que contan cunha axuda mensual de 700 €, a razón de 25 h/semanais durante 6 meses, nas localidades de:

- Allariz
- As Neves
- A Pobra do Caramiñal
- Vigo

A 13ª edición do programa "Talento Cooperativo" da Unión de Cooperativas EspazoCoop, está destinada a persoas de ata 30 anos, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial.

As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa galega para apoiar a xerencia e impulsar procesos de mellora, ao mesmo tempo mellorarán as competencias, habilidades e experiencia das bolseiras e a súa futura empregabilidade, tanto nas cooperativas acolledoras como noutras empresas do sector cooperativo e da economía social, e mesmo noutros sectores.

Prazo de solicitude: 31 de agosto de 2025.

Inicio da estadía nas entidades: Primeira quincena de outubro de 2025.

Máis información:
Unión de Cooperativas EspazoCoop
986 866 149
roberto@espazo.coop

 

Comments