Skip to main content
38BOLCER25

38 bolsas de formación para a sede central do Instituto Cervantes.

A presente resolución ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de 38 bolsas de formación do Instituto Cervantes, conforme aos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, para titulados/as universitarios, coa finalidade de formar especialistas nas seguintes áreas de coñecemento: Dirección de Administración, Subdirección de Orzamentos e Control de Xestión, Dirección Académica, Gabinete Técnico da Secretaría Xeral, Dirección de Recursos Humanos, Dirección de Cultura, Gabinete de Dirección e Comunicación Institucional, Dirección de Transformación e Comunicación Dixital, Asesoría Xurídica, Dirección de Relacións Internacionais.

Requisitos:
-Titulados universitarios de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas obxecto da convocatoria, que terminasen os estudos conducentes á obtención do título requirido nos cinco cursos académicos anteriores ao da publicación deste extracto.

Dotación:
A contía das bolsas de formación será de 1.000 (mil) euros brutos mensuais.

As bolsas de formación, terán unha duración de 12 (doce) meses naturais, podendo ser prorrogadas por outros 12 (doce) meses máis.

Dirección:
Instituto Cervantes
Oficina de Información e Rexistro - A/A Dpto. de Selección e Inspección
C/ Alcalá, 49- 28014 Madrid

Máis información:
Web

Comments