Axudas á creación de Aulas Mentor en Concellos-Servizos de Información Xuvenil no ano 2025
Convócanse Axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para a creación de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O obxecto desta convocatoria é financiar axudas destinadas á creación de novas Aulas Mentor en tanto que recurso en apoio á acción das Entidades Locais que aposten por incrementar as oportunidades de formación para a mellora das competencias dixitais e a cualificación profesional da poboación do seu municipio.
Aula Mentor é unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a formación de persoas adultas, en colaboración coa administración local mediante o establecemento de convenios que permiten entrar a formar parte da extensa rede de Aulas Mentor.
As subvencións concédense en concorrencia competitiva conforme ás seguintes características xerais da Convocatoria 2025:
-Finalidade da axuda
-Contribuír a financiar as actividades de formación continua -dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia- que desenvolvan as Aulas Mentor de nova creación e a sufragar parte dos gastos necesarios para a súa posta en marcha e para a realización das devanditas actividades por parte das entidades locais.
Contía: 4.000€ cada unha
Prazo de solicitude:
Inicio desde o 5 de xullo ao 30 de setembro de 2025 (ata 17:00), ambos incluídos
Se se require asistencia técnica ou aclaración adicional: ayudasmentor@educacion.gob.es
Convoca:
Ministerio de Educación e Formación Profesional
Máis información.
Sede electrónica Ministerio
Web Aula Mentor




Comments