Prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar
A Consellería do Mar oferta prazas de residencia e de comedor para o curso académico 2025/2026, nos centros residenciais do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Requisitos:
-Ser cidadáns de calquera país da Unión Europea ou persoas estranxeiras que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.
-Ter feito 16 anos de idade no ano da convocatoria.
-Alumnado que, durante o curso escolar, estea matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realice os seguintes estudos náuticos e marítimo-pesqueiros:
-Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional marítimo-pesqueira.
-Cursos de capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro/a polivalente, ampliación de atribucións para patrón/patroa costeiro/a polivalente, patrón/patroa local de pesca, aumento de atribucións para mecánico/a naval, aumento de atribucións par mecánico/a maior naval, revalidación dos títulos profesionais náutico-pesqueiros e mariñeiro/a pescador/a.
Inscricións: Ata o 08/08/2025
Prazo extraordinario: do 1 ao 9 de setembro de 2025, no caso de existiren prazas vacantes.
Prezo:
As persoas adxudicatarias están suxeitas aos prezos públicos e ás bonificacións e exencións previstas no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor (DOG núm. 176, do 16 de setembro), e á súa actualización.
Máis información:
Consellería do Mar. Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol
Rúa Aneiros, s/n - Serantes. 15405- Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 981 317 611
Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo
Rúa Beiramar, nº 55. 36202- Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 235 609
e-correo: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
Publicación: DOG 18/07/2025




Comments