Skip to main content
axudas material escolar

Pazos de Borbén: Convocatoria de axudas para material escolar curso 2025/26

A presente convocatoria ten por finalidade a concesión de axudas económicas destinadas a adquisición do material escolar necesario para o curso 2025/2026 do alumnado matriculado en educación infantil (segundo ciclo), primaria ou secundaria, dos centros docentes do Concello de Pazos de Borbén, así como para o alumnado do Concello de Pazos de Borbén que curse bacharelato, FP ou PCPI noutro centro doutra localidade.

Prazo: 

30 días naturais, contando dende o día seguinte á publicación oficial do estracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Solicitudes: 

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado no concello e as mesmas poderán presentarse no Rexistro do Concello.

Requisitos: 

• Ser pai, nai ou titor legal do alumnado matriculado durante o curso escolar 2025/2026 no segundo ciclo de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP ou PCPI.

• Que a unidade familiar estea empadroada no concello de Pazos de Borbén.

• Convivir cos/cas alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas.

• Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia; durante o ano 2024 non exceda do 100% do IPREM

Máis información: 

BOPPO

Comments