Escola Provincial de Gaitas – Curso 2025-2026 - Ourense
A Deputación Provincial de Ourense abre o prazo de matrícula para o curso 2025-2026 da Escola Provincial de Gaitas, con sede no Campus Universitario de Ourense.
As clases desenvolveranse do 1 de outubro ao 30 de xuño, con hora e media semanal por materia, máis tempo de ensaio e actuacións coas agrupacións da Escola.
Materias ofertadas
-
Gaita
-
Percusión
-
Zanfona
-
Canto e pandeireta
Cada materia contará cun profesor especializado e o alumnado achegará o seu propio material didáctico.
Prazas dispoñibles
Gaita
-
Preparatorio 1 e 2: 20 prazas cada un
-
Ciclo medio: 40 prazas por curso
-
Ciclo superior: 10 prazas nos tres primeiros cursos e 5 prazas no cuarto
-
Curso adultos: 40 prazas (1º), 20 prazas (2º)
Percusión
-
20 prazas por curso (1º, 2º, 3º)
-
Curso especial: 10 prazas
Canto e pandeireta
-
Preparatorio 1: 15 prazas
-
Preparatorio 2: 20 prazas
-
Ciclo normal: 20 prazas por curso
-
Curso adultos: 30 prazas por curso
Zanfona
-
10 prazas por curso (1º, 2º, 3º)
Matrícula
-
Prazo: do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2025 (posibilidade de inscrición ao longo do curso en casos excepcionais).
-
Prezo: 75 € por curso académico (inclúe todas as materias).
-
Descontos para membros da mesma unidade familiar e bonificación do 100% para persoas desempregadas ou con discapacidade igual ou superior ao 33%.
Máis información
A programación completa e condicións de inscrición están dispoñibles nas dependencias da Escola Provincial de Gaitas e na sede electrónica da Deputación de Ourense:
https://sede.depourense.es




Comments