Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)
Datas de preinscrición: do 5 de setembro ao 3 de outubro de 2025
A Fundación Barrié organiza a VIII Edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de ofrecer aos máis novos unha ferramenta excepcional para o seu desenvolvemento académico e persoal: a oratoria.
O TDAG está dirixido ao alumnado da E.S.O e Bacharelato dos centros educativos (públicos, concertados e privados) de Galicia. Os equipos poderán estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco participantes.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas.




Comments