O Concello de Vimianzo abre o prazo de axudas para o inicio do curso escolar 2025-2026
O Concello de Vimianzo vén de convocar subvencións dirixidas a apoiar ás familias con menos recursos económicos no inicio do curso escolar 2025-2026.
Estas axudas están destinadas a alumnado empadroado no municipio que curse segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato ou ciclos formativos de grao medio e superior en centros públicos.
Quen pode solicitalas?
Poderán optar a estas axudas os pais, nais ou titores/as legais de estudantes que leven empadroados/as en Vimianzo, como mínimo, tres meses antes da publicación da convocatoria, e que conten cunha renda per cápita anual inferior a 9.000 €.
Finalidade
O obxectivo desta convocatoria é apoiar ás familias desfavorecidas economicamente, contribuíndo á adquisición de material escolar, musical, informático, roupa, calzado ou outros recursos que a comisión avaliadora considere necesarios para garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación.
Dotación económica
O importe total destinado polo Concello de Vimianzo a estas axudas é de 35.000 €.
Prazo de solicitude
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 30 de setembro de 2025, a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
O texto completo da convocatoria está dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións:
Consulta aquí a información




Comments