Subvención para organismos intermedios que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil,no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro para a contratación, durante un período mínimo de nove meses, de persoas mozas inscritas como demandantes nos servizos públicos de emprego, e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral
Beneficiarios:
Os organismos intermedios sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean constituídos e inscritos no correspondente rexistro (de asociacións, de clústeres empresariais, de asociacións profesionais de traballadores autónomos, de agrupacións empresariais, etc.), e dispoñan de centro de traballo en Galicia (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores, de acordo coas definicións do artigo 5 destas bases reguladoras). Incluiranse dentro destas entidades:
– Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
– Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
– Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia) que representen un colectivo de empresas galegas.
– Clústeres empresariais.
– Asociacións de persoas autónomas.
Prazo:
Do 23 de agosto ao 22 de setembro de 2025.
Máis información:




Comments