Axudas municipais para libros e material escolar e uso do servizo de comedor escolar no curso 2025-2026, para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria
Requisitos:
-
Ser pai, nai, titor/a ou familia de acollida dun/dunha alumno/a matriculado/a no curso 2025/2026 nalgún dos cursos obxecto desta axuda.
-
Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-
Estar ao corrente por todos os conceptos nas obrigas tributarias e non tributarias coa facenda local e os seus organismos autónomos. No caso contrario, deberán presentar solicitude de fraccionamento da débeda, cuxo cumprimento se terá en conta para a concesión de futuras prestacións da mesma natureza.
-
Cumprir co baremo económico.
Máis información:




Comments