Ir o contido principal
material escolar

Axudas municipais para libros e material escolar e uso do servizo de comedor escolar no curso 2025-2026, para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria

Requisitos:

  1. Ser pai, nai, titor/a ou familia de acollida dun/dunha alumno/a matriculado/a no curso 2025/2026 nalgún dos cursos obxecto desta axuda.

  2. Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  3. Estar ao corrente por todos os conceptos nas obrigas tributarias e non tributarias coa facenda local e os seus organismos autónomos. No caso contrario, deberán presentar solicitude de fraccionamento da débeda, cuxo cumprimento se terá en conta para a concesión de futuras prestacións da mesma natureza.

  4. Cumprir co baremo económico.

Máis información:

BOPPO

Comments