Curso Oficial de Dirección de Actividades de Tempo Libre
Si, sabémolo… O verán marcha, e con el tamén rematan eses campas nos que tanto gozaches traballando ou facendo voluntariado…
Pero… E se aproveitas este tempo para formarte mentres agardas pola seguinte aventura? Imaxina poder dirixir o teu propio campa e equipo a próxima vez. Soa ben, verdade?
Se es desas persoas que viviría todo o ano de campamento…
Se tes claro que o tempo libre é máis ca un traballo, é unha forma de vida chea de intensidade, emocións e momentos máxicos…
E se queres seguir medrando e aprender a coordinar equipos e proxectos…
Este curso é para ti!
Aventeira Escola lanza este outono o Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, con titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia.
Datas: Do 18 de outubro ao 8 de decembro.
Formato mixto:
- Modalidade presencial (100h): A Coruña (fins de semana).
- Modalidade online flexible (50h).
Duración total da parte teórico-práctica: 150h.
Prácticas profesionais: 150h (xestionadas pola Escola ou pola túa conta).
Prazas limitadas: 25
Prezo: Desde 280€
Bolsas dispoñibles (ligadas a voluntariado)
Unha formación completa con contidos clave sobre liderado, Educación en Valores, igualdade, deseño e xestión de proxectos, intervención social… e moito máis!
Inscricións abertas ata o 15 de outubro (ou ata cubrir prazas!).
+INFO e incrición
E-mail: escola@aventeira.com
WhatsApp ou chamada: 722 349 489
A próxima aventura tamén pode comezar aquí… Formándote!




Comments