Ir o contido principal
Talentos Xuvenís

Feira de Emprego - Talentos Xuvenís. Xoves 2 de xullo de 2026

No ámbito do proxecto Desafios Jovens, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg España-Portugal, a Dirección Xeral de Xuventude organiza, o vindeiro 2 de xullo na Cidade da Cultura, a feira de emprego “Talentos Xuvenís”.

Este encontro ten como obxectivo reunir a uns 100 mozos do norte de Portugal e Galicia co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.

Trátase dunha proposta diferente que busca achegar o emprego á mocidade desde unha perspectiva participativa, dinámica e experiencial. Nesta ocasión, serán as persoas mozas as protagonistas da xornada, xerando un espazo no que compartir visións, expectativas, inquietudes e experiencias arredor do emprego, a formación e o desenvolvemento profesional.

A feira nace coa vontade de ofrecer un lugar de encontro no que visibilizar o talento xuvenil, favorecer a reflexión sobre os retos e oportunidades da empregabilidade e contribuír a unha mellor comprensión da realidade das persoas mozas no contexto laboral actual.

Ao longo da mañá as persoas asistentes poderán participar en:

   🎤Charlas e conversas arredor do talento, o emprego e as oportunidades de futuro.
   🏃‍♀️Actividades dinámicas e experiencias participativas.
   📣 Espazos para compartir opinións, ideas e propostas.
   👜 Un mural con ofertas reais de emprego e recursos de interese para a inserción laboral.
   🎁 Sorteo de premios entre as persoas asistentes.
   🎹 Música e animación durante toda a xornada.
   ☕ Zona de descanso con comida e bebida.

Queremos crear unha experiencia na que a mocidade poida expresarse, participar activamente e descubrir novas oportunidades nun ambiente próximo, lúdico e acolledor.

📅 Data: xoves, 2 de xullo

🕒 Horario: de 10:00 a 15:00 horas

📍 Lugar: Salón de Convencións – Edificio CINC, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

PROGRAMA

10:00 – 10:30 h | Inauguración
Benvida institucional e presentación da feira.
PONENCIAS
11:00 – 11:30 h | Intelixencia artificial: amiga ou inimiga na busca de emprego?
Reflexión sobre o impacto da IA nos procesos de busca de emprego e as oportunidades que ofrece para
mellorar a empregabilidade.
11:30 – 12:00 h | Saíndo do convencional: mocidade impulsando proxectos con valor
Experiencias inspiradoras de emprendemento e proxectos liderados por persoas novas.
Proxecto “Portorixe” Ocio y Actividad.
12:30 – 13:30 h | Probando, probando... entrevistas de traballo en directo
Simulación práctica de entrevistas para coñecer claves, erros frecuentes e recomendacións para afrontar
procesos de selección.
13:30 – 14:00 h | Fai que te lembren: que din de ti cando non estás?
A importancia da marca persoal, do autocoñecemento e de construír unha identidade profesional
diferenciadora.
14:00 – 14:30 h | Mesa de debate xuvenil: Rompendo tópicos, apostamos polo talento novo
Espazo de diálogo e reflexión sobre as oportunidades, os retos e o potencial da mocidade no ámbito
laboral. Modera o equipo de Ronsel e participan diferentes mozos e mozas en busca activa de emprego.
14:30 – 15:00 h | Clausura
Sorteo de premios entre aquelas persoas que pasasen por todos os stands e peche da xornada.

 

STANDS E ACTIVIDADES
Zona de retos
Espazo de actividades prácticas para o desenvolvemento de competencias transversais como a
planificación, a estratexia, o traballo en equipo, a toma de decisións e a resolución de problemas.
Contará coas seguintes dinámicas:
1. Beer Pong
2. Gafas de realidade virtual
3. Pista de números
Zona de experiencias
Stand de orientación laboral
Stand de emprendemento
Stand de arteterapia e creatividade
Stand da Dirección Xeral de Xuventude
Zona social e de descanso
Podcast móbil
Mural de ofertas

Este proxecto conta ademáis coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional. 

INSCRICIÓN GRATUÍTA NO QR

Talentos xuvenís QR

*Haberá servizo de buses lanzadeira desde a Estación Intermodal de Santiago ata a Cidade da Cultura (saída ás 9:30h e volta ás 15:30h)*

Máis información

Comments