Skip to main content
MATERIAL

Axudas municipais en Mos para libros, material escolar e comedor (curso 2025-2026)

O Concello de Mos vén de publicar a convocatoria de axudas municipais destinadas á adquisición de libros e material escolar, así como ao uso do servizo de comedor escolar, dirixida ao alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2025-2026. A convocatoria foi aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado 1 de agosto de 2025.

Obxecto das axudas

  • Libros e material escolar: subvención para adquirir material non proporcionado por outras administracións (como cadernos, material informático de apoio, licenzas dixitais, etc.), excluíndo uniformes, mochilas ou estoxos.

  • Servizo de comedor escolar: dirixida ao alumnado dos centros públicos de educación infantil (2º ciclo) e primaria sempre que non teñan gratuidad .

Créditos orzamentarios disponibles

  • Libro e material escolar: 10 000 €.

  • Comedor escolar: 10 000 € para setembro a novembro de 2025, e 20 000 € para decembro en adiante, segundo a consignación orzamentaria do 2026.

Beneficiarias ou beneficiarios

Poden solicitar estas axudas as familias con alumnado matriculado no curso 2025-2026 nos niveis indicados, que cumpran certos requisitos, como non estar incurso en prohibicións legais, estar ao día nas obrigas tributarias e non superar uns límites de renda per cápita fixados no IRPF de 2024.. Os topes de renda familiar anual para poder beneficiarse son os seguintes:

  • 2 membros: 16 800 €

  • 3 membros: 25 200 €

  • 4 membros: 33 600 €

  • 5 ou máis membros: 42 000 €

Prazo de presentación e documentación

As solicitudes comezan o día seguinte á publicación no BOPPO (8 de setembro de 2025) e poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2025, ben no Rexistro Xeral do Concello ou polos procedementos electrónicos establecidos.. A documentación requirida inclúe: DNI, libro de familia, certificado de convivencia, declaración de renda de 2024 (ou certificado negativo), xustificantes de ingresos, matrícula escolar, facturas, xustificante do comedor, conta bancaria, entre outros.

Criterios de valoración e importes máximos das axudas

As axudas serán concedidas segundo criterios de renda per cápita, número de fillos e, en igualdade de xerais, data de presentación da solicitude.

  • Libros e material escolar: ata 40 € (infantil 1ª ciclo), 80 € (infantil 2ª ciclo, primaria e secundaria).

  • Comedor escolar: 2 € por menú/día, reembolsados tras a presentación de facturas nos seguintes períodos:

    • Setembro–novembro 2025: xustificación entre o 10 e o 17 de decembro de 2025.

    • Decembro 2025–marzo 2026: xustificación entre o 13 e o 20 de abril de 2026.

    • Abril–xuño 2026: xustificación entre o 10 e o 17 de xullo de 2026.

Procedemento de resolución e recursos

A valoración farase polos departamentos de Educación e Política Social, pasando logo pola Intervención Municipal e resolvendo finalmente a Alcaldesa. A resolución publicará na sede electrónica e no web municipal, dispoñendo as solicitantes de un mes para recorrer mediante reposición ou contencioso-administrativo desde a súa notificación

 

BOPO PONTEVEDRA

Comments