Bono Concilia Familia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 4 de setembro a convocatoria do Bono Concilia Familia, un programa as nais e os pais que traballan poidan atender as súas necesidades de conciliación de carácter puntual, por exemplo: por enfermidade ou cuestións laborais; ou durante os períodos de vacacións escolares.
Esta convocatoria, estará aberta ata o vindeiro 7 de outubro.
O Bono Concilia Familia é unha achega económica directa destinada ás familias con fillos de ata 13 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021) e nas que ambos proxenitores traballan, co obxectivo de contribuír a sufragar os custos dos servizos de conciliación como coidadores, ludotecas ou campamentos.
O Bono Concilia Familia ofrece achegas económicas de ata 500 euros para a contratación dunha persoa a domicilio ou de 200 euros por persoa para sufragar os custos de recursos e servizos específicos como as ludotecas, os campamentos ou os espazos de lecer e actividades para nenos.
A axuda cobre un máximo do 75% do servizo aboado pola familia, pero, como novidade nesta edición, amplíase ao 100% do servizo no caso de familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias con garda con fins adoptivos, familias nas que un ou varios fillos ou fillas convivintes teñan unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% ou familias vítimas de violencia de xénero.
Máis información:
DOG 4 Setembro de 2025
Sede Electróncia da Xunta




Comments